Todos estamos de acordo en que se necesitan políticos adaptados a unha nova realidade económica e social. Polo que che ofrezo a oportunidade de ser protagonista nese cambio: define qué che gustaría que fixese eu como concelleiro en Verín, onde debuto esta tarde como parte da oposición.

¿Que temas son os que máis che preocupan no teu concello? ¿que che gustaría que se tratase nos plenos municipais? ¿que mellorarías? ¿onde debemos controlar máis ao actual goberno? ¿de que che gustaría estar mellor informado? ¿como che gustaría que fose a comunicación con vós? ¿que botas en falta nun concelleiro ou político en xeral?

Comezarei esta nova función tomando boa nota da túa opinión sobre esas preguntas ou calquera outro tema que consideres apropiado. Gustaríame facer este traballo o mellor posible e quén mellor que vós para aconsellarme sobre cómo conseguilo. Ao fin e ao cabo, será traballar para os veciños 😉

Encántame aprender cos demáis, sobretodo cando se escoita a xente con opinións, experiencias e actitudes diferentes á túa. Así que non o dubides. Comparte as túas inquedanzas ben nos comentarios desta entrada, ben nun correo a hablamos(arroba)danidieguez.com, nos meus perfís nas redes sociais ou cunha mensaxe anónima no formulario de contacto desta web.

¡¡Con ganas de comezar esta ilusionante etapa!!

Deseño da ilustración | Joel Faria

Páxina de Facebook como concelleiro | htttp://www.facebook.com/danidieguez.verin