Os que me coñecedes xa sabedes que non me gusta nada eso de criticar por criticar. Son máis de axudar a mellorar. Pero nestes 7 meses como concelleiro en Verín teño que recoñecervos que sinto vergoña sobre cómo funcionan as cousas alí dentro. Síntome na obriga moral de contarvos cómo é a realidade. Que vexades qué acontece detrás desa falsa apariencia da que vos queren convencer.
Ao entrar como concelleiro esperaba encontrarme unha situación fea, pero non tanto como comprobei in situ. Son consciente de que moita xente pensa que o actual grupo de goberno debe ser transparente e que fomenta a participación. Pero non é así. Aparéntano, pero non o son. A verdadeira realidade é outra moito máis dura. Neste medio ano vivín como incumplen unha e outra vez as normas, non nos informan de case nada (enterámonos pola prensa) e os plenos son unha auténtico paripé onde non se debate practicamente nada.
Por exemplo: ¿acordádesvos daquel tema das talas indiscriminada de árbores na vila? Pois seguimos sen resposta. Debe darlles igual.
“Dime de qué presumes e che direi de qué careces”. Este refrán podería explicar ben a situación. Se as normas din que hai que convocar plenos polo menos cada 2 meses, pois resulta que dende xaneiro ata hoxe só houbo un. ¿NON HAI TEMAS IMPORTANTES NOS QUE TRABALLAR? Pois para eles parece ser que non. Calquera pequeno concello do noso arredor se reúne moito máis a menudo, tanto para informar aos veciños como para tomar decisións importantes. Dende o meu punto de vista en Verín estanlle a faltar ao respeto a milleiros de veciños.
O outro mecanismo de traballo que temos os concelleiros son as comisións. Eu formo parte de 3 delas: a de persoal, a de contas e a de economía. As tres deberían tratar temas realmente importantes, de máxima actualidade. Pero… ¿sabedes cantas veces nos reuniron nestes 7 meses?
- A de ECONOMÍA ningunha vez. ¿É ese o interese que mostran por ter un Verín con máis oportunidades de traballo?
- A comisión de CONTAS reuniuse só en dúas ocasións, para tratar de aprobar as contas de hai 2 anos, posto que estamos a perder numerosas subvencións públicas por non facer antes ese traballo. E das contas de 2016 ou do orzamento de 2017 aínda non sabemos nada. E xa vedes a qué altura do ano estamos.
- A última comisión, a de PERSOAL, xuntouse por primeira vez hai unhas semanas para falar únicamente sobre cales serán os días festivos de 2017. Nada máis ca iso. 2 minutos de comisión e acabouse.
Do resto de cousas, como vos dícía, enterámonos pola prensa. Ou polos rumores que circulan pola vila.
Sinceramente, é unha pena que no concello non haxa verdadeira democracia, onde todos podamos traballar para ter un Verín mellor.